Partido moi malo o xogado polos nosos rapaces fixo que soio se acadase un punto, e conseguido no último suspiro do encontro.
Comenzamos como sempre mandando no marcador, neste caso xa no primeiro minuto de xogo gracias a un gol de Miguel. A partir de ahí pasouse a ver un partido no que ningún dos dous equipos tiña a posesión do balón e sendo un xogo moi embarullado polos dous bandos. Pese a todo, houbo varias oportunidades que non se concretaron chegando ó final da primeira metade con 1-1.
Na segunda metade máis do mesmo, voltamos a poñernos por diante no marcador por duas veces para chegar ó final do partido con un agónico empate a 4 goles (Rafa, Cristian e Jose). A partir de este pequeno imprevisto e esperando que nos sirva de aviso, a pensar no próximo partido que entre todos temos que loitar polos tres importantes puntos que están en xogo.
Alineación: Adrián, Jacobo, David, Dani, Miguel, Iván, Hector, Rafa, Cristian, José e John.
Tamén xogaron: Xián e Estela