Primeiro tropezo do equipo alevín na visita do Sp. Estrada "C" ó campo de San Martiño.
Non houbo sorte no partido do domingo no que a choiva,o campo e as baixas impediron que os nosos continuaran coa racha de victorias. Lexis e Calvelo, cando xa parecía que os puntos escapaban, fixeron os tantos do encontro para acabar co resultado de 2-2.
Callobre c.f.: Rubén, Martín, Damián, Lexis, Japi, Pedro e Calvelo
Partido moi nivelado o disputado polo equipo "B" no campo de Figueroa e que acabou con derrota por 3-2.
Empezaron os nosos moi durmidos o que aproveitou o Sporting para poñerse con 2 goles de vantaxe. Champi e Cris facían o empate en 10 minutos de inspiración dos alevíns e a falta de sorte impediu conseguir os 3 puntos cando o equipo local conseguía o seu terceiro e definitivo gol.
Callobre c.f.: Rubén, Mera, Stagnita, Nacho, Cris, Champi e David.