5 nov 2009

Cadetes. 5ª xornada.

Bo partido o visto no "Manuel Paz Nogueira".
Saíron moi fortes os nosos e xa os 15 minutos mandaban no marcador (0-2) con 2 goles de Alex. Despertou o Fátima e veuse arriba para anotar, tras varias ocasións, o 1-2;Tosar, antes do descanso, consigue facer o terceiro, poñendo o partido moi de cara.
Na segunda metade tratou o equipo santiagués de acercarse no marcador pero os rapaces de Patxi e Guillermo souperon aguantar as embestidas rivais e acabaron ampliando a conta goleadora ata o definitvo 1-5, con goles de Xurxo e, outra vez, o pichichi Alex.

Sen embargo, dúas malas noticias a nova lesión de Brais e a expulsión de Tosar co partido sentenciado.
Próximo rival o Peleteiro, sen dúbida, unha gran oportunidade para coñecer as posibilidades dos nosos cadetes.

Alineacion: Manu, Yago, Ruben, Fabio, Detena, Brais, Alex, Jaco, Tosar, Javi, Xurxo.
Tamen xogaron: Fon, Eloy, Diego, Miguel.