6 nov 2009

Xuvenil. 7ª xornada

Patinazo a domicilio do equipo xuvenil de San Martiño, no campo de Santiso, fronte ao Agolada.
O partido comezou favorable aos nosos cun bo dominio no medio do campo, pero
sen apenas conexion cos dianteiros e on algunha ocasión por parte dos locais, onde Marcos estivo
acertado, chegando ao descanso co 0-0.
Xa na segunda parte, a falta de tensión no Callobre
ocasionou o 1-0, despois dun faio encadeado de todo o equipo á hora de presionar. Mais tarde,
con pouco fútbol pero pelexando chegou, coa axuda local,o empate ao marcador
Sen embargo, volvimos errar atrás o que aproveitou o equipo do Deza para facer 2 tantos máis.
Mal partido en canto a actitude na segunda parte que supón un freo nas aspiracións dos nosos.

ALINEACION: Marcos, Bieito, Jacobo, Suizo, Esteban, Gabo, Portillo, Ruby, Andorrano,
Martin e Sergi
SUPLENTES: Dani, Plástico, Miguel e Diego