Mostrando entradas con la etiqueta Alevín 2009-2010. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alevín 2009-2010. Mostrar todas las entradas

8 jun 2010

I TORNEO CALLOBRE C.F- ALEVÍN.

Disputouse o pasado sábado o I TORNEO ALEVÍN E BENXAMÍN DO CALLOBRE C.F. no que tomaron parte 5 equipos alevín e 4 de categoría benxamín

Pola mañán tiveron lugar os enfrontamentos das respectivas liguillas a través das que se definiron ó posto de cada un de eles e a configuración das semifinais-

No cadro Alevín resultou eliminado o equipo do Sp. Estrada que remataba 5º clasificado dando paso a unhas semifinais:
Cruces - Callobre.
At. Fátima - Lesende.
E resulta que a sorpresa saltou nas 2 eliminatorias quedando eliminados os 2 primeiros clasificados da liguilla previa: At. Fátima e Callobre c.f. Os nosos rapaces estaban a facer un gran torneo pero nas semifinais non houbo sorte. Un erro na circulación de balón permitiu ó Cruces poñerse por diante na primeira parte na que os nosos dispuxeron incluso dun penalti desperdiciado. Durante a segunda metade encerramos ó equipo cruceño pero o balón non quixo entrar. Na outra semifinal ó Lesende desfacíase do At. Fátima, que ata ese momento estaba a mostrar moitas cualidades, bo fútbol e bos xogadores.

Así chegamos os encontros finais, a final de consolación resoltou un partido de poder a poder con goles e bo fútbol, cun resultado final de 3-3 sendo Rubén o que decidía o partido o parar un dos penaltis lanzados.

E na gran final foi o Cruces o que levou ó gato á auga cunha moi boa primeira parte na que conseguiron adiantarse no marcador. Insistiu o Lesende durante a segunda metade pero as ocasións máis claras foron para o equipo cruceño que á contra puido cerrar o partido. Noraboa a eles pola victoria e ó resto dos equipos polo comportamento e polo fútbol amosado.

Clasificación final.

1. Cruces
2. Lesende
3. Callobre c.f.
4. At. Fátima
5. Sp. Estrada.

29 may 2010

Alevín

Hoxe dispútase a segunda fase do torneo de Cruces a que accedeu ó noso equipo alevín logo de acabar 2º na fase clasificatoria.

No primeiro parte a incomparecencia do Cacheiras fixo que os nosos sumaran os primeiros 3 puntos para posteriormente empatar cadanseu encontro diante do Amio e Conxo pese a que os rapaces de Charli e Neira non tiveron un día moi brillante.
Lexis e Santi foron os autores dos goles nos partidos que remataron con 1-1.

Agora o rival será o equipo anfitrión, o Cruces, polo que haberá que superar as gañas de agradar dos cruceños.

Sorte!

21 may 2010

Alevín. Torneo Guimarei.

Segundo posto o acadado polo equipo alevín no torneo de Guimarei despois de vencer por 1-0 ó At. Cuntis e caer derrotado diante do Sporting por un enganoso 4-0.
Non fixeron os rapaces de Charlie e Neira unha boa semifinal onde o Cuntis amosous un bo trato de balón pero foi Martín o que desfixo a igualada e daba a clasificación ós nosos.

Na final 2 tempos moi diferentes, primeira parte igualada para na segunda levar ó Sporting o peso do partido e acabar conseguindo o torneo.

Este fin de semana acudimos ó torneo de Cruces no que o sorteo nos deparou como rivais ó Cacheiras e ó Amio. Sorte e a por eles...

27 abr 2010

Alevín.Foto

Tamén os nosos alevíns A teñen xa a súa foto colgada. Lástima das lesións sufridas durante o ano que impediron ser todo o regulares que contabamos no ano antes do salto ó futbol-11.

27 mar 2010

Alevín

Derrota do equipo alevín A diante da EF Lalín que se acerca cada vez máis ó campionato.
Foi un partido bastante igualado ata que nos comezos da segunda metade o equipo do Deza conseguía poñer terra de por medio.
Durante os 30 primeiros minutos houbo opcións para ámbolos equipos pero o resultado no descanso era favorable ós visitantes por 0-1.
Bo partido dos rapaces de Charlie que só baixaron os brazos nos últimos minutos.

Callobre c.f.: Rubén, Pedro, Nico, Damián, Calvelo, Martín, Japi, Lexis e Santi.

Empate do equipo B na visita do domingo ó campo de Touro. Mal comezo dos nosos que tiraron boa parte do encontro permitindo ó equipo local coller unha vantaxe de 3 goles parecendo quedar todo resolto. Pero unha vez que despertaron os rapaces de Neira non se amilanaron e decidiron intentar dar a volta ó marcador. David, Champi e Nacho foron os autores dos tantos co que os alevíns conseguían un punto que ó final sabe a pouco.

Callobre c.f.: Rubén, Stagnita, Mera, Martín, Nacho, Champi, David, Adrián e Miguel.

18 mar 2010

Alevín

Derrotas dos 2 equipos alevíns na pasada xornada.

O equipo A caía derrotado por 3-1 diante do AT. Melide, 3º clasificado, nun encontro no que os nosos non tiveron o seu mellor día e non souperon atallar os ataques locais.
Soamente Japi foi quen de encontrar o camiño do gol mentres os rapaces do equipo local aproveitaban a súa superioridade física para achegarse á porta de Rubén.
A mala nova foi a perda do 4º posto polo que haberá que seguir loitando ata o fin da tempada.

Callobre c.f.: Rubén, Martín, Pedro, Nico, Damián, Lexis, Calvelo, Japi e Santi.

O equipo B perdía tamén no enfrontamento co Cruces nun partido non que as baixas pasarn factura. Apenas si puideron os nosos facer fronte a un equipo maioritariamente de segundo ano que non deixou pasar a falta de gañas durante os primeiros 10 minutos dos nosos para coller un vantaxe clara de 0-3.
Nacho, Mera ou Champi tiveron opcións en distintas contras de facer o tanto da honra que finalmente non chegou.

Callobre c.f.: Rubén, Stagnita, Martín, Miguel, Champi, Nacho e Mera.>
Este venres toca partido entre os nosos, ás 18.00 en San Martiño, e o domingo nova xornada.

11 mar 2010

Alevín

Chega a hora de poñer cara ós nosos alevíns B.



De esquerda a dereita
Arriba:Rubén, Cris, Martín, Stagnita e Neira(adestrador).
Abaixo:Mera(c), Champi e Miguel.

10 mar 2010

Alevín

Victoria e derrota no dobre enfrontamento coa EF Lalín na categoría alevín.
O equipo A vencía con claridade na visita do equipo B lalinense nun encontro que serviu para que os rapaces amosaran que coa volta de tódolos lesionados será o noso equipo o que faga de xuiz no final de campeonato mentres asegura a cuarta plaza.
Damián abriu o marcador e a partir de ahí os goles foron chegando un tras outro. Lexis (2), Calvelo, Martín foron os autores dos tantos. Mención aparte merecen os 6 goles que conseguía Santi, que volve a afina-la puntería despois dos 3 meses de baixa e se coloca de novo pichichi do equipo.

Callobre c.f.: Rubén, Martín, Pedro, Nico, Japi, Calvelo, Lexis, Damián e Santi.

Os alevíns de primeiro ano caían derrotados no campo de herba sintético de Lalín despois de realizar un moi mala segunda metade na que o equipo local aproveitou para golear. Nacho, despois dunha falta lanzada por Martín, facía o 1-1 que daba esperanzas ós rapaces de Neira pero a partir de ahí non houbo opción no debut de Stagnita como porteiro.
Paciencia e ánimo!

Callobre c.f.: Stagnita, Martín, Miguel, Champi, Mera, Cris, Nacho.

20 feb 2010

Alevín

Victoria do equipo alevín "A" diante do Sp. Estrada que na primeira volta arrincou un empate de San Martiño.
Golearon os nosos rapaces na visita ó campo de Figueroa nun encontro no que se amosaron moi superiores facendo, por momentos, un bo xogo e demostrando que, unha vez que imos recuperando xogadores, somos máis equipo do que nos 2 últimos meses parecía.
Japi e Lexis por partida dobre, Nico e David foron os goleadores da mañán do Domingo.
Pero a mellor nova é a volta ós entrenos de Santi despois de case 3 meses sen poder competir. Alegrámonos polo equipo pero sobre todo por él.

Callobre c.f.: Rubén, Damián, Pedro, Nico, Lexis, Japi, David e Martín.

O equipo B sumaba un punto na visita do Sporting B nun encontro con moitas alternativas no marcador e no xogo. Empezou o equipo amarelo sendo superior sen que os nosos conseguiran zafarse do dominio visitante e así chegaba o 0-1. Pouco a pouco os nosos despertaban e conseguían saír con perigo á contra facendo Nacho o 1-1. O propio Nacho culminaba a remontada e cando mellor estaban os nosos o Sporting conseguía empatar e deixar o partido co 2-2 definitivo. Bo partido dos 2 equipos, con emoción, goles e moita disputa.

Callobre c.f.: Rubén, Martín, Stagnita, Miguel, Nacho, Champi, Cris.

9 feb 2010

Alevín

Victoria do equipo de Charlie diante do Silleda nun partido no que a superioridade física e técnica dos nosos rapaces pasou factura ós xogadores trasdezanos.
Martín, en 2 ocasións, Damián, Lexis e David, de tiro coa perna esquerda, foron os encargados de plasmar no resultado o mellor xogo dos nosos rapaces.

E a boa nova é a recuperación dos rapaces mancados: Damián e Pedro xa puideron xogar neste fin de semana e a reaparición de Santi, despois de máis de 2 meses, está moito máis preto. Calvelo continúa a recuperación do seu esguince de nocello.

Callobre c.f.: Rubén, Martín, Lexis, Damián, David, Pedro, Japi e Nico.

Moi bo partido o do equipo B diante do líder da categoría.
Empezaron os rapaces de Neira moi concentrados, movendo o balón e sorprendendo a todos adiantándose no marcador e collendo vantaxe de ata 3 goles.
Pero o líder botou man dos seus mellores xogadores, ata entón no banco, e foron encerrando ós nosos ata conseguir remontar e marchar ó descanso con vantaxe.
A segunda metade foi moi semellante dominio dos nosos por momentos pero os xogadores de segundo ano do equipo do Deza deixaron ben claro o porque do seu liderazgo. Queremos destacar dende aquí o fútbol do seu xogador número 10, Erik, todo un gustazo para os que disfrutamos cos nenos.
E por suposto, felicitar ós nosos polo esforzo e pola forma en que xogaron.

Callobre c.f.: Rubén, Miguel, Cris, Champi, Martín, Stagnita, Alberto e Mera.
Goles: Mera, Champi e Alberto.

3 feb 2010

Alevín

O equipo alevín reencontrouse coa victoria no campo de O Loxo de Touro.
Non deron opción os nosos rapaces ó equipo coruñés nun partido dominado dende o principio pola escadra de Charlie.
Japi(3), Martín e David, por partida dobre, e Lexis fixeron os goles do noso equipo alevín que segue arrastrando moitas baixas á espera de que pouco a pouco os rapaces se volvan a incorporar ós adestramentos.

Callobre c.f.: Rubén, David, Adrián, Japi, Lexis, Nico, Martín e Pedro.

O equipo B non puido da-la sorpresa e caía derrotado diante dun dos cocos do grupo, o At. Melide que amosou o porque da súa posición na táboa clasificatoria.
Pese a isto os rapaces de Neira non fixeron un mal partido e amosaron moita melloría con respecto ó partido da primeira volta. Agora toca visitar ó Lalín, outro dos fortes do grupo, á espera dos rivais da zona baixa.

Callobre c.f.: Rubén, Stagnita, Mera, Martín, Miguel, Cris, Champi, Nacho e M.Anxo.

27 ene 2010

Alevín.

Derrota do equipo A diante do Cruces nun partido marcado polas baixas. Damián, Santi, Calvelo e Japi non puideron xogar este partido polo que Charlie tuvo que botar man dos rapaces do equipo benxamín.
E como era de esperar a superioridade física dos cruceños pasou factura ós nosos rapaces que xa perdían no descanso por 0-2. A segunda metade resultou máis igualada e Adrián facía o tanto da honra dos nosos que remataron perdendo por 1-3 e con gol anulado a Manu incluido.

Callobre c.f.: Rubén, Martín, Lexis, Nico, Manu, David, Adrián, Milu e Pedro

O equipo B caía derrotado en Lalín por 8-2 nun partido no que ós nosos sobroulles a segunda metade. Durante a primeira parte os rapaces fixeron un bo partido, con bo xogo por ambas partes e co resultado moi axustado, 3-2, ambos de Champi.
Pero nos segundos 30 minutos os rapaces de Neira quedaron sen forzas o que aproveitou o Lalín, con moito máis banquillo, para poñer terra de por media.

Callobre c.f.: Rubén, Martín, Miguel, Champi, Stagnita, Nacho, Iván, Mera e Cris.

20 ene 2010

Alevín

Mala etapa dos rapaces do equipo "A" que ven como a cada semana que pasa vai caendo un dos seus xogadores.
E así chegabamos ó partido do domingo co EF Lalín con 2 benxamíns completando a convocatoria (Manu e Alberto, todavía de primeiro ano) e con baixas como Santi, que segue a recuperarse ou Pedro, cun proceso febril. Pero non acabaron ahí...fractura nos dedos da man dereita para Damián, esguince de nocello para Calvelo e unha uña que se cae nos pés de Lexis...a verdade é que nin feito a propósito.
Aínda así, dentro do que cabe, os nosos fixeron un encontro máis que aceptable á espera de qeu cheguen tempos mellores.

Callobre c.f.: Rubén, Japi, Calvelo, Manu, Alberto, Lexis, Damián, Martín, Nico e Calvelo.

O equipo B, pola súa parte, caía diante do Silleda nun partido no que os nosos rapaces voltaron a regalar 40 minutos de encontro nos que chegaron a ir perdendo por 0-5 e como xa nos teñen acostumados metéronse no partido a base de goles e bo fútbol, poñéndose cun 3-5 (Nacho en 2 ocasións e David) que lle daba opcións a falta de 5 minutos. Pero xa non houbo tempo para máis...
Esperamos que os rapaces demostren o que saben no próximo partido...sen ten que esperar ós últimos 20 minutos.

Callobre c.f.: Rubén, Martín, Mera, Stagnita, Miguel, Cris, Nacho, Champi e David.

14 ene 2010

Alevín

Contundente victoria do equipo A diante do Silleda nun partido no que os nosos recuperaron as boas sensacións.
Durante a primeira metade, sen embargo, non estiveron os alevíns moi finos e a pesar de coller vantaxe no marcador (2-0) foi o noso porteiro Rubén, con algunha parada de moito mérito, o que mantivo as cousas no seu sitio.
Na segunda metade non houbo cor e os nosos rapaces, agora adestrados por Charlie, moveron o balón con máis facilidade e acabaron goleando (8-0).

Damián(3), Japi e Lexis con 2 e Martín fixeron os nosos tantos.

Callobre c.f.: Rubén, Damián, Pedro, Lexis, Calvelo, Japi e Martín.

O equipo B, pola súa parte, pouco puido facer na visita o campo de San Mamede. O equipo local amosouse moi forte durante todo o encontro conseguindo materializar moitas das ocasións das que dispuxeron.

Tan só Champi, de penaltie, foi quen de dar unha alegría a afición desplazada ata o campo no desapacible día do Domingo.

Callobre c.f.: Rubén, Mera, Martín, Miguel, Nacho, Cris, Champi e David.

9 ene 2010

Alevín

Derrota pola mínima do equipo alevín B diante do Touro.
Durmidos saíron os nosos rapaces na primeira metade o que aproveitou o Touro para coller amplo marxe no marcador, cun 0-3 xusto polo visto no campo ata ese momento.
Pero ahí despertaron os nosos que nunha gran segunda metade, e xa van varias veces, conseguiron meterse no partido por medio dos goles de Nacho(2) e Champi, amosando moitas gañas e facendo un bo fútbol.
Sen embargo, o balón non quixo entrar e o Touro, que conseguira face-lo cuarto, defendeuse como puido e aguantou o 3-4 ata o final. Adri, na última xogada, tivo o empate nas súas botas pero o seu tiro saiu pegado ó pao.

Callobre c.f.: Rubén, Mera, Miguel, Martín, Cris, Champi, Nacho, Adri e Manu.

O equipo A pola súa parte vencía nun amistoso ó Val do Ulla por 2-4.

16 dic 2009

Alevín.

Sufrida victoria a do noso equipo "A" diante do Sp.Estrada no que se preveía un partido sinxelo pero que nin moito menos o foi.
Primeira parte moi mala dos nosos rapaces no que o Sporting mereceu algo máis que o empate a 2-2 co que terminaron os primeiros 30 minutos e nos que Martín e Nico facían os tantos dos nosos.
Mellorou bastante o equipo na reanudación na que de novo Martín facía o terceiro e permitía afrontar o final do encontro con maior tranquilidade. Tras varias ocasións erradas, ó final 3-2 axustado e pequeno toque de atención ós nosos.

Callobre c.f.: Rubén, Japi, Pedro, Damián, Nico, Martín, Lexis e Calvelo.

Empate do equipo "B" no seu desplazamento ó Outeiriño nun partido que os nosos mereceron gañar.
Adiantouse o Silleda no marcador nos seus primeiros achegamentos á área de Rubén poñendo un 2-0 que facía presaxiar unha nova derrota dos nosos. Pero a partir ahí non houbo cor e os rapaces de Neira fixéronse co balón amosándose moi superiores pero sen sorte de cara a portería. Nacho, con 2 goles, poñía as táboas no marcador e a pesar do empuxe final non puido ser e voltamos á casa cun puntiño.

Callobre c.f.: Rubén, Martín, Miguel, Stagnita, Mera, Champi, Nacho, Adrián e Cris.

11 dic 2009

Alevín

Como xa comentamos nos resultados do fin de semana, os partidos dos nosos alevíns tiveron que ser suspendidos polo temporal.
O noso equipo "A" desprazábase ata Lalín pero ante a imposibilidade de marcar as liñas o árbitro decidía suspender o encontro.

No caso dos "B" a forza da chuvia e a negativa de ambos equipos fixo que o encontro se suspendera ata nova data.

2 dic 2009

ÁNIMO

A familia do Callobre c.f. quere mandar dende aquí un forte abrazo e desexar unha pronta recuperación ó noso Pichichi Santi, xogador alevín, que onte foi operado e que permanecerá un tempo de baixa. Sen dúbida, un dos xogadores con máis proxección do noso clube.
E para que Santi vexa que todos nos lembramos de el, esta actualización serál a primeira que se vexa durante toda a semana, de forma que todas as demáis irán aparecendo tras ela.
Agardamos a súa volta con gañas pero antes a recuperarse que é o importante.
Ánimo Santi.

1 dic 2009

Alevín

Derrota do equipo "A" diante dun dos equipos fortes do grupo, o At. Melide que se impuxo en San Martiño por 4-8. Santi, Nico e Lexis, por partida dobre, fixeron os goles dos nosos rapaces.
Partido intenso e moi disputado sen dominador claro no que o equipo visitante aproveitou a súa superioridade física para acabar levando os 3 puntos...en principio.
E dicimos en principio porque hoxe confirmaron que hai reclamación por alineación indebida, a cal NON foi presentada polo Callobre c.f.. O Sporting Estrada decidiu impugnar o partido por 4 dos seus xogadores así que toca esperar a resolución.Mentras tanto nós seguiremos ó noso.

Callobre c.f.: Ruben, Pedro, Martín, Japi, Lexis, Santi, Calvelo, Nico e Damián.

Caía tamén o equipo "B" diante do Cruces pero amosando de novo unha moi boa cara na primeira metade na que se fixeron merecedores dun mellor resultado que o 1-1 co que se chegou ó descanso. David fixo o gol dos nosos.
Pero outra vez as forzas faltaron na 2ª metade e o Cruces levou os 3 puntos.
Só falta culminar o bo traballo das primeiras partes...

Callobre c.f.: Rubén, Stagnita, Martín, Champi, Nacho, Cris, Miguel e David.

27 nov 2009

Alevín.

Cara e cruz para os nosos equipos alevíns na pasada xornada.

O alevín “A” voltaba á senda das victorias diante do sempre complicado equipo da EF Lalín “B” vencendo por un claro 3-6, con goles por partida dobre de Santi, Japi e Damián.
Foron os nosos merecedores da victoria e só a falla de tino impediu á volta a casa cun resultado máis amplo e que permite colocarse no 3º lugar.

Callobre c.f.: Rubén, Japi, Pedro, Santi, Martín, Lexis, Damián e Calvelo

Mentres o equipo “B” caía derrotado na vista do EF Lalín “C”.
Moi boa primeira parte dos nosos rapaces que se amosaron superiores ós visitantes. Así Champi conseguía facer o primeiro, facendo xustiza no que se estaba a ver no campo. Pero tras varias ocasións claras erradas, os lalinenses conseguiron o empate xusto antes do descanso a saída dun corner que, tras rebotar nun dos nosos defensas, se colaba na portería de Rubén.
Na segunda parte a os nosos non conseguiron manter a intensidade da primeira metade e a EF Lalín amosouse superior, aproveitando para deixar o encontro sentenciado e levar os 3 puntos.

Callobre c.f.: Rubén, Martín, Cris, Miguel, Stagnita, Champú, Manu e Adri.

Este venres ás 20:00 disputaráse en Callobre o partido entre os nosos equipos, aprazado no seu día polo temporal. Sorte a todos e a divertirse.