Sufrida victoria a do noso equipo "A" diante do Sp.Estrada no que se preveía un partido sinxelo pero que nin moito menos o foi.
Primeira parte moi mala dos nosos rapaces no que o Sporting mereceu algo máis que o empate a 2-2 co que terminaron os primeiros 30 minutos e nos que Martín e Nico facían os tantos dos nosos.
Mellorou bastante o equipo na reanudación na que de novo Martín facía o terceiro e permitía afrontar o final do encontro con maior tranquilidade. Tras varias ocasións erradas, ó final 3-2 axustado e pequeno toque de atención ós nosos.
Callobre c.f.: Rubén, Japi, Pedro, Damián, Nico, Martín, Lexis e Calvelo.
Empate do equipo "B" no seu desplazamento ó Outeiriño nun partido que os nosos mereceron gañar.
Adiantouse o Silleda no marcador nos seus primeiros achegamentos á área de Rubén poñendo un 2-0 que facía presaxiar unha nova derrota dos nosos. Pero a partir ahí non houbo cor e os rapaces de Neira fixéronse co balón amosándose moi superiores pero sen sorte de cara a portería. Nacho, con 2 goles, poñía as táboas no marcador e a pesar do empuxe final non puido ser e voltamos á casa cun puntiño.
Callobre c.f.: Rubén, Martín, Miguel, Stagnita, Mera, Champi, Nacho, Adrián e Cris.