17 dic 2009

Cadetes. 5ª xornada.

Nova victoria do equipo cadete que se afianza nos postos altos da clasificación.
Viaxaban os nosos a Amio coa intención de traer os 3 puntos e así foi pero o partido non foi nada fácil e non se resolveu ata a segunda metade no que os rapaces de Patxi e Guillermo puxeron máis fútbol que o rival.
Remataban os primeiros 40 minutos con empate a 1-1 tras un bo arranque dos nosos cadetes no que se poñían por diante pero que pouco a pouco foron a menos.
Na segunda metade mostránronse máis incisivos e o equipo local apenas si puido facer algo de oposicón.
Goles: Jaco (2), Xurxo e Carlos.
Moi apretada esta liga na parte alta da clasificación con 5 equipos loitando polo liderato.

Callobre c.f.:Manu, Detena, Yago, Fabio, Jacobo, Alberto, Brais, Ruben, Xurxo, Javi, Tosar.
Tamen xogaron: Cofan, Diego, Fon, Carlos, Calvix