Derrota do equipo xuvenil diante do Sp. Estrada nun partido marcado polos 10 primeiros minutos nos que o equipo amarelo meteu os seus 2 goles.
Mal comezaron as cousas cando no primeiro minuto o árbitro sinalaba penaltie en contra que daba vantaxe o equipo local. O gol deixou aturdidos ós nosos que vían como nun despiste o Sporting facía o segundo.
A partir de ahí, e sobre todo na primeira parte, os nosos viñéronse arriba, quitándolle o balón ó lider e impedindo que se achegara a área de Marcos. Pero a diferencia foi o gol.
A segunda metade baixou en xogo e ocasiòns tanto dun coma doutro e así rematou un encontro no que os nosos amosaron unha moi boa imaxe que ten que servir para convencernos de que hai equipo para ir a máis.
Callobre c.f.: Marcos, Jorge, Esteban, Bibi, Jorge, Gabo, Rubén, Iván, Sergi, Yván e Martín.
Tamén xogaron: Diego, Fita, Suizo, Dani.