As gripes e catarros pasaron factura e tan só 7 rapaces puideron desplazarse para disputar o encontro diante do primeiro equipo da EF Lalín, entre eles Pablo, todavía Prebenxamín.
Aguantaron os nosos 15 minutos o 0-0 inicial, saíndo con perigo á contra e sen apenas pasar apuros pero un tiro lonxano que sorprendeu a Jonathan supoñía o primeiro tanto local; Pablo antes de rematar a primeira metade poñía o empate no marcador.
Na segunde parte o feito de ser xustos pasou factura, o que aproveitou o Lalín, con 6 cambios no banco, para asinar 3 tantos máis (4-1). Felicitar dende aquí ós rapaces polo seu esforzo.
Callobre c.f.: Jonathan, David, Xandre, Manu, Adrián, Ángel, Pablo.
O benxamín "B" pola súa parte caía derrotado na visita a Silleda tras un frouxo comezo de partido que permitiu o equipo local poñerse con 3-0 nos primeiros minutos. Pouco a pouco os nosos colleron confianza e conseguiron crear varias ocasións de gol que non foron quen de materializar. M. Anxo, cun tiro ó pao, tivo a opción máis clara.
Ó final do encontro 5-0 para os locais.
Callobre c.f.: Iván, Sergio, Alejandro, Alberto, M. Anxo, María, Pedro, Jose, Alex e Paulo.