6 oct 2009

Alevín

Primeiro partido e primeira victoria para o equipo A dos nosos alevíns que deron boa conta do EF Lalín C (10-4).
A vantaxe de 4 goles coa que se chegou ó descanso deixaba o partido case resolto a pesar de que o equipo adestrado por Chucu optou por un fútbol directo.
Xa máis relaxados os últimos 30 minutos foron máis igualados pero en ningún momento correu perigo a victoria local.
Destacar o debut en partido oficial de Rubén e Nicolás, as 2 novas fichaxes.

Callobre c.f.: Rubén, Japi, Pedro, Lexis, Damián, Martín, Santi, Calvelo e Nicolás.Goles: Martín (3), Damián (3), Santi, Lexis, Pedro e Damían.

Pola súa parte o equipo “B” caía derrotado en Silleda por un apretado 6-4. Empezaron moi dormidos e nerviosos os rapaces de Neira que no descanso caían por 5-0 a pesar das múltiples paradas de Rubén, pero co descanso chegou a calma e con ela os goles ata poñernos 5-4. Dous erros na definición impediron acadar o empate e cando máis apretabamos chegaba a sentencia do equipo local por medio do seu mellor (e máis grande ) xogador, que segundo decían na grada adestraba cos….CADETES!!!
Partido moi emocionante, sen dúbida…

Callobre c.f.: Rubén; Miguel, Martin, Christian, Nacho, Stagnita, Champi y Mera
Goles: Nacho 2, Champi y Mera