6 oct 2009

Xuvenil

Chegou a primeira victoria do equipo xuvenil na 3ª xornada de liga diante do Furia que chegaba a San Martiño como equipo invicto.

Primeira parte moi dura con eles mellor asentados e os nosos tratando de aproveita-las contras que nos concedían. Foi así como Martín, tras un gran pase de Sergi poñíanos por diante. O gol calmou ós rapaces de Dani que pouco a pouco fixéronse co partido.

Non houbo color na 2ª metade, na que os nosos foron moi superiores pese a non estar moi precisos co balón. Gabo, en 2 ocasións, e Sergi anotaron os tantos restantes deixando o marcador nun contundente 4-0.
Alineación: Marcos, Suizo, Esteban, Jaco, Miguel; Gabo, Juan, Rubén, Iván; Martín e Sergi.

Tamén xogaron: Fita, Diego, Yván, Plástico e Adrián.