Comezan con forza os cadetes que veñen de vencer neste pasado fin de semana ó San Pedro por un claro 4-0 no debut de Pachi e Guillermo no banco.
Bo partido dos nosos que non deron opción ó equipo santiagués ó que se amosaron moi superiores pese a contar con algunha baixa importante.
Alex, en 2 ocasión, Jacobo e Javi C. foron os autores dos goles do partido.
Agora toca traer os 3 puntos do sempre complicado campo de San Mamede.
Callobre c.f.: Manu, Eloy, Cofán, Detena, Fabio, Jacobo, Javi, David, Xurxo, Alex e Rubén.
Tamén xogaron: Diego, Miguel.