Victoria dos rapaces de Chucu no desplazamento a Silleda no que acabaron vencendo por 1-8.
Non puido o Silleda "A" facer fronte ó xogo dos nosos que esta vez non só se amosaron contudentes en ataque senón tamén en defensa desbaratando as ocasións rivais e con Rubén facendo algunha parada de moito mérito.
Xogo vistoso e ataque fluido que permite ós nosos facer 12 puntos dos 12 posibles.
Callobre c.f.: Rubén, Japi, Pedro, Lexis, Martín, Damián, Santi, Calvelo e Nico.
Goles: Damián (2), Martín (2), Santi, Pedro, Lexis e Japi.
Dificil arranque de temporada o que están a ter os rapaces do equipo "B" que en 4 xornadas xa se enfrentaron con equipos que están entre os 6 primeiros. Este domingo tocáballe o turno o EF Lalín, un dos gallitos do grupo, que visitaba San Martiño e que acabaron levando os 3 puntos. 2 goles nos 5 minutos iniciais, o primeiro de penaltie, puxeron o encontro practicamente imposible para os rapaces.
Aínda así, non fixeron os nosos un mal partido, chegando en varias contras que non puideron culminar e sen perder o ánimo en ningun momento.
A seguir adestrando que as victorias xa chegarán...seguro!
Callobre c.f.: Rubén, Martín, Miguel, Stagnita, Cris, Nacho, Champi e Mera.