Derrota dos benxamíns "A" ante o EF Lalín.
Non tiveron opcións os nosos rapaces diante dun equipo moi superior físicamente e con 6 cambios no banco por un só dos nosos que tiveron que botar man de Diego, prebenxamín, para completar a convocatoria.
Adrián en varias ocasións, tivo a posibilidade de facer o gol da honra pero non houbo sorte na mañán do sábado na que as continuas choivas non axudaron nin un equipo nin a outro.
Callobre c.f.: Jonathan, Manu, David, Xandre, Adrián, Iván, Nogui e Diego.
Comezou a competición para o equipo "B" este sábado no que caía derrotado po 3-4 diante do At. Melide nun partido con moitas alternativas no marcador.
Puxéronse os nosos por diante grazas a un gol de Alberto pero pouco o Melide foise facendo co encontro ata chegar a empatar xusto antes do descanso.
Durante o inicio da segunda parte os nosos rapaces estiveron un pouco máis durmidos o que aproveitou o equipo visitante para coller 2 goles de vantaxe.
De novo, Alberto por partida dobre, poñía o 3-3 no marcador pero unha cesión na nosa área permitiu o Melide levarse os 3 puntos cando xa o partido remataba.
Callobre c.f.:Iván, Alejandro, Sergio, José, Miluco, M. Anxo, Alberto e Paulo.