Chegou a derrota do equipo cadete na súa visita ó Camballón.
Non fixeron os rapaces de Patxi e Guillermo un gran partido no que o Cruces non desaproveitou a súas oportunidades e conseguiu adiantarse por 2 veces no marcador levando ó final os 3 puntos.
O partido comezou con ocasións para os dous equipos, pero con maior dominio dos nosos rematando a primeira parte co 0-0 inicial.
Na reanudación o partido non variou, tentaban os nosos controla-la situación cando nunha xogada aislada chegou o gol do Cruces, despois dunha falta lonxana Manu non é quen de atrapar o balon e un xogador libre de marcaxe anota o 1-0.
Pouco despois marcou Brais cun tiro dende fóra da área que sorprende ó porteiro do Cruces, pero a pouco para rematar o encontro, balón en largo do Cruces que pilla despistada á nosa defensa facendo o 2-1 final.
Destacar o gran partido de Brais que confiamos deixe atrás as lesións.
Alineación: Manu, Yago, Eloy, Detena, Fabio, Jaco, Javi, Brais, Ruben, Tosar, Alex.
Tamén xogaron: Miguel, Xian, Calvix, Martin, Diego