Mostrando entradas con la etiqueta Senior 2009-2010. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Senior 2009-2010. Mostrar todas las entradas

27 abr 2010

Senior. Copa do Sar.

Non houbo sorpresa e os nosos maiores despedíronse da Tempada caendo diante do Estudiantil por un resultado de 5-0.

Fixeron os rapaces de David unha boa primeira parte, con moita garra e con gañas de porñer as cousas complicadas ó equipo de Loimil que só chegou ó descanso con vantaxe dun gol.

As cousas foron pero na segunda metade na que o equipo local demostrou o que se lle presupoñía e fixo ver que serán un dos grandes candidatos a alzarse co título.

13 abr 2010

Senior. Copa do Sar.

Acércase a hora do Copa do Sar e os nosos maiores xa coñecen ó seu primeiro rival.Nin máis nin menos que o Estudiantil de Loimil, equipo recén ascendido a 1ª Autonómica, un dos grandes favoritos para levarse o torneo e que conta nas súas filas con xogadores que actuaron en 2ª B ou 3ª durante moitos anos.
Sen dúbida unha dura pedra a que nos tocou en sorte.

25 mar 2010

Senior

Rematou a competición para o equipo de maiores que se despediu cun empate no campo do Gresande.
Empezaron os nosos o partido moi durmidos e o At. Gresande non deixou pasar as oportunidades que os nosos concedían. Así antes do descanso o equipo local xa mandaba por 2-0.
Coa volta do tempo de descanso parecía que os nosos ían polo partido pero foi o Gresande quen nunha contra facía o 3º. A partires de ahí os rapaces de David volcáronse en busca do gol e así Alberto tras un rexeite do longueiro e Vila, de falta directa, poñían o marcador nun apretado 3-2.
Finalmente Esteban cunha espectular volea dende moi lonxe conseguía facer o empate e deixar un bo sabor de boca na nosa expedición.

Alineacion: Manu, Emilio, Danile, Kike, Borras, Xoan, Vila, Jorge, Eloy, Yago, Piraña.

Cambios: Esteban, Marcos, Ivan, Alberto.

16 mar 2010

Senior

Volta á competición do equipo senior que conseguía salvar un empate na visita do At. Balouta.
E dicimos salvar porque pese a que os nosos se adiantaron no marcador e puideron rematar o encontro, as expulsións de Manu e Tito nos últimos 20 minutos puxeron a cousa máis complicada do que parecía.
Empezou o partido e non acertaban os rapaces de David nos pases mentres que o Balouta se achegaba á portería defendida por Manu con certo perigo, tiro ó pao incluido. A partires de ahí os nosos comezaron a mandar e Kike tras un tiro de Emilio conseguía poñernos por diante no marcador.O Balouta, pola súa banda, conseguiu crear perigo nun lanzamnto de falta que se foi alta por moi pouco e nun man a man q Manu acertou a salvar.
A segunda parte empezou sen apenas ocasións para os 2 equipos pero coa expulsión de Manu, por entender o arbitro que cortara un balón coa man, e a de Tito, na mesma xogada, o Balouta foise a polo partido e conseguía empatar. Vila, que ocupou a portería, cunha gran parada salvaba un punto case co encontro rematado.

Callobre c.f.:Manu, Alberto, Daniel, Tito, Borras, Kike, Vila, Gabo, Emilio, Yago, Piraña.

Cambios: Sergi, Eloy, Yvan, Xoan, Suizo

26 feb 2010

Senior

Merecida derrota do equipo de maoires diante do Piloño que non concedeu opción aos nosos.
Viña o equipo cruceño atravesando unha mala xeira de resultados que lle complicaron o ascenso nas últimas xornadas pero parece que voltaron a despertar no noso partido.
O equipo de David non conseguiu poñer en apuros a portería local e por contra o Piloño aproveitaba a posesión de balón para poñer en perigo a porta defendida por Vila, que antes as baixas de Manu e Marcos, tivo que poñe-los guantes.
Ó final 3-0 e a esperar que os nosos recuperen un pouco a moral e o ánimo.

Callobre c.f.: Vila, Daniel, Tito, Borras, Chope, Jorge, Kike, Piraña, Yago, Esteban.

Cambios: Xoan, Ruben, Marcos, Alberto.

19 feb 2010

Senior

Derrota do equipo senior diante do Sp. Estrada nun partido que os nosos conseguiron igualar durante os primeiros 45 minutos pero que na segunda metade foi o equipo visitante o que levou o peso do encontro.
Durante a primeira metade Iago e Piraña tiveron a ocasión de poñer por diante ó Callobre pero foi o Sporting o que se adiantou nunha xogada desafortunada na que o noso porteiro Marcos resultaba mancado tendo que ocupar Vila a meta durante o que quedaba de partido.
Na segunda parte o Sporting non dou opción e aproveitaron para levar o partido con claridade.

Callobre c.f.: Marcos, Emilio, Dani, Tito, Vila, Borra, Kike, Esteban, Piraña, Iago e Jorge.
Tamén xogaron: Esteban II, Xoan, Alberto, Marcos.

8 feb 2010

Senior

Derrota do equipo senior diante do Camporrapado nun partido que tiñamos gañado pero que acabamos perdendo por 3-2.
Moitos balóns largos ó inicio do choque por parte de ambos equipos pero con maior sensación de perigo pola nosa banda marcaron os primeiros minutos ata que Adrián, á saída dunha falta, poñía en vantaxe ós nosos. Piraña, ó pouco de comezar a segunda metade, facía o segundo e parecía que o partido quedaba máis que encarrilado.
Pero non foi así, un máis que dudoso penaltie permitía o equipo coruñés acurtar distancias mentres que ós nosos comezaban a perder a cara ó partido. Así entre o desconcerto e o nerviosismo chegaba o empate local e cando o encontro remataba o Camporrapado daba a volta ó marcador e levaba os 3 puntos.

Callobre c.f.: Marcos, Rubén, Dani, Tito, Adrián, Esteban, Vila, Kike, Piraña, Iago e Esteban II.

Tamén xogaron: Marcos, Xoan, Jorge, Iván.

2 feb 2010

Senior

Empate do equipo senior diante do Prevediños na xornada de 3ª Autonómica do pasado Domingo.
Bo partido o disputado polo equipo de maiores que se mostrou superior ó equipo coruñés durante case todo o encontro, con máis posesión e ocasións que o rival.
Sen embargo, un penaltie moi dudoso por man de Borras permitía o equipo local adiantarse no marcador e chegar ó descanso con victoria pola mínima.
Durante a 2ª metade seguiron mandando os nosos e así Eloy conseguía a igualada mediados segundos 45 minutos. De novo Eloy tivo opción de da-la victoria ós nosos pero non estivemos acertados e o partido rematou co empate 1-1 pero cunha boa imaxe dos rapaces de David.
Destacar o partido realizado polos rapaces todavía en idade xuvenil que deron un plus ó equipo.

Callobre c.f.: Manu, Ruben, Daniel, Tito, Borras, Esteban, Jorge, Kike, Ivan, Piraña, Esteban.

Cambios: Eloy, Marcos, Andorrano, Xoan, Alberto.

30 ene 2010

Senior

Derrota do equipo de maiores diante do Bandeira cun gol en contra que chegou faltando 3 minutos para o final do encontro e cando o equipo visitante xogaba cun xogador menos pola expulsión do seu central.
O partido resultou moi igualado e en ningún momento o Bandeira amosou ser superior ós nosos. Vila, ó pouco de comezar, e Iago, que non acertou coa portería cando xa se cantaba o gol, erraron as ocasións máis claras dos nosos que viron como se escapaban os puntos cun remate tras xogada ensaiada visitante.

Callobre c.f.:Manu, Emilio, Daniel, Kike, Borras, Chope, Vila, Esteban, Ivan, Yago, Piraña.

Cambios: Alberto, Japirro, Jorgito, Jorge, Plastico.

21 ene 2010

Senior

Derrota do equipo de maiores diante do Berres nun partido que se decidiu nos últimos 25 minutos.
Empezaron os rapaces de David algo durmidos e nos 5 primeiros minutos dispuxo o equipo local de 2 boas ocasións pero a partir de ahí o partido transcorría moi igualado ata que o Berres conseguía adiantarse tras rematar unha falta lateral. Arís, 2 minutos máis tarde, acababa o empate nun bo remate en prancha pero, de novo unha xogada a balón parado permitía ó Berres conseguir chegar ó descanso con vantaxe.
Nos primeiros minutos da segunda metade as cousas seguián igual,algunha ocasión aislada para o Berres pero partido aberto, sen embargo mediada a reanudación chegou o 3º gol local que fixo moito dano ós nosos que acabaron sucumbindo.

Callobre c.f.: Manu, Emilio, Dani, Tito, Jorge, Vila, Aris, Esteban, Iván, Iago e Kike.
Tamén xogaron: Alberto, Xoan, Piraña, Eloy e Marcos.

15 ene 2010

Senior

Derrota do equipo senior diante do Cruces por 0-1 nun partido con moitas alternativas no que os nosos tiveron opcións suficientes apoiadas nun bo xogo para poder sacar algo positivo do encontro.

Durante todo o partido estiveron as forzas niveladas con maior posesión para os nosos nun principio de encontro no que saíron moi enchufadas. Vila, cun disparo dende fóra da área, puido face-lo primeiro. Un posible penaltie a Esteban non sinalado polo arbitro serviu para que o Cruces despertara pero as paradas de Manu mantiveron o resultado inicial na chegada ó descanso.

Na segunda metade o balón seguía nos pes dos rapaces de David pero nunha contra o equipo cruceño collía vantaxe cun gran gol de vaselina que lle permitía levar os 3 puntos de San Martiño.

Alineación: Manu, Jorge, Daniel, Tito, Borras, Aris, Vila, Kike, Esteban, Yago, Piraña.

Cambios: Emilio, Ivan, Marcos, Eloy, Xoan.

8 ene 2010

Senior

Bo partido o disputado polos nosos maiores no partido de liga diante do Silleda que non se puido culminar coa victoria pola falta dun bo último pase.
Durante case todo o encontro dominaron os rapaces de David o balón e o encontro pero só os tiros lonxanos poñían en apretos ó porteiro local. O Silleda, pola súa parte, buscaba os balóns longos a espalda da defensa pero un atento Marcos, no seu debut cos senior, desbarataba calquera opción.

A segunda metade continuaba igual, máis posesión do Callobre e balóns longos dos locais que Marcos solventaba sen problemas. A mellor ocasión chegou case ó final do encontro, Marcos botaba unha falta dende medio campo e o remate de Esteban estrelábase no pao.

Empate final sen goles pero boas sensacións no inicio de ano.

Alineacion: Marcos, Emilio, Daniel, Tito, Borras, Aris, Vila, Kike, Esteban, Yago, Piraña

Cambios: Ivan, Jorge, Eloy, Xoan

23 dic 2009

Senior

Dolorosa derrota a sufrida este pasado fin de semana polo equipo de maiores que caía derrotado por 2-3 diante do Santiso despois de coller vantanxe de 2 goles.
Piraña e Iago, cun golazo de volea, poñían as cousas francas para os nosos, cun 2-0 na segunda metade que unido á expulsión do porteiro visitante non facía presaxiar o que ía acontecer os últimos 20 minutos.
Recortaba distancias o Gresande (en claro fora de xogo) e a partires de ahí moitos nervos, imprecisións e certo descontrol que acabaron por desnortar ós rapaces de David que deixaron escapar os 3 puntos que xa tiñan no peto.


Alineación: Manu, Emilio, Tito, Daniel, Borras, Alberto, Vilariño, Kike, Esteban, Iago, Piraña

Cambios: Marcos, Chope, Xoan, Ivan, Aaron

18 dic 2009

Senior

Derrota pola mínima dos maoires na visita do Gresande.
A primeira metade do encontro foi bastante igualada e mentres o equipo visitante facía perigo con balóns longos á espalda da defensa, os nosos buscaban a banda esquerda onde Portillo creaba moito perigo. Kike, nunha boa xogada de equipo, desperdiciou a ocasión máis clara ó final da primeira metade.

As cousas seguían igual na segunda metade ata que o equipo dezano conseguiu adiantarse no marcador e facer o segundo á saída dun corner. Aaron, tras un roubo de balón, facía o empate e puxo emociòn no final do encontro.

Alineacion: Manu, Emilio, Daniel, Tito, Borras, Alberto, Juan, Kike, Portillo, Yago, Piraña

Cambios: Xoan, Ivan, Aaron, Marcos, Plastico

10 dic 2009

Senior

Derrota dos rapaces de David diante do Balouta nun partido disputado no M.A. Cortizo de Lalín polo mal estado do campo locatario.
A pesar do 3-0 co que rematou o encontro, non estivo a cousa tan desnivelada como puidera parecer pois só na segunda metade o equipo local conseguiu adquirir vantaxe e acabar levando os 3 puntos.
Durante os primeiro 45 minutos puideron os nosos poñerse por diante pero non houbo sorte e Iván, a escasos metros da raia de gol, non puido adiantar aos nosos.
Na segunda metade, unha vez conseguido o primeiro gol polos locais, os rapaces baixaron os brazos e o Balouta levou o partido con merecimento. Ademáis Eloy e Jorge remataron o partido mancados.

Callobre c.f.: Manu, Emilio, Kike, Tito, Borras, Jorge, Aris, Ivan, Yago, Jorgito, Piraña.

Cambios: Eloy, Daniel, Marcos, Alberto, Xoan.

2 dic 2009

Senior

Derrota do equipo de maiores diante do líder, Piloño.
Empezou o partido moi igualado con ocasións para ambos bandos con Iván como protagonista local, con 3 ocasións claras que puideron dar vantaxe ós nosos. Pero non foi así e o Piloño non perdou e en pouco tempo poñía o partido franco con 0-2. Antes do descanso facía o 3º poñendo o encontro moi costa arriba.
Na segunda parte os nosos baixaron os brazos e eles adicáronse a buscar balóns longos que non crearon moito perigo.
Un penaltie moi dudoso permitiu ó equipo cruceño fáce-lo cuarto.

Alineacion: Manu, Emilio, Tito, Kike, Borras, Marcos, Jorge, Aris, Jorgito, Ivan, Yago

Cambios: Xoan, Piraña, Esteban, Alberto, Daniel

27 nov 2009

Senior

Derrota do equipo senior diante do Sp. Estrada, un dos favoritos a alcanzar o ascenso.
Mal empezaban as cousas cando xa no minuto 3, o Sporting, a saída dun corner, facía o primeiro. Pero, pese a non dispoñer de moitas ocasións, tampouco os noso sufriron demasiado nas embestidas do equipo local.
A segunda parte discorreu na misma liña, o Sporting seguía coa posesión e os nosos a esperar a súa oportunidade. Sen embargo, 2 goles moi protestados polos nosos que pedían fora de xogo, permitían o equipo local sentenciar no marcador.

Callobre c.f: Manu, Emilio, Tito, Kike, Arís, Jorge, Vila, Gabo, Esteban, Piraña e Jorgito.

Tamén xogaron: Iago, Borra, Xoan, Eloy e Marcos.

19 nov 2009

Senior. 7ª xornada

Volveu á senda da victoria o equipo de maoires.
Adiantouse o Camporrapado os 4 minutos cun tiro dende fóra da área que superou a Manu.
A partir de ahí os nosos fóronse arriba con máis corazón que cabeza querendo chegar a portería en 2 toquees, así había ocasións para os dous equipos,e nunha delas Piraña non chegou a meter o pe diante do porteiro pero na seguinte que tivo, outro man a man, nn fallou.
Na segunda parte saíron os nosos máis metidos no partido intentando presionar ó rival. Á saída dun corner Jorge tocou o balón no primeiro pao e marcou o 2 – 1.
O Camporrapado veuse arriba e deixaron moitos espacios atrás polo que nas contras os nosos puideron ampliar a ventaxa con ata 3 ocasións moi claras, nos pés de Eloy e Xoan.

Alineacion: Manu, Emilio, Daniel, Tito, Borra, Kike, Jorge, Jorgito, Esteban, Eloy, Piraña.

Cambios: Alberto, Yago, Ivan, Chope, Xoan

11 nov 2009

Senior. 6ª xornada.

Mala racha a encadeada polo equipo de maiores que despois dun moi bo comezo de tempada non consigue voltar á senda das victorias.
Primeira parte moi igualada sen apenas ocasións para ambos bandos e con pouco movemento por parte dos nosos.
Tra-lo descanso parecía que as cousas pintaban mellor cos locais máis asentados e con opcións de abrir o marcador pero nun erro na circulación de balón o Prevediños desfacía o empate.
Isto serviu para despertar ós rapaces de David que a base de empuxe e gañas eran quen de empatar por medio de Piraña e que tiveron a oportunidade de poñerse por diante nos pés de Iago.
Pero un novo roubo de balón daba vantaxe ós visitantes que, a piques de rematar o enocntro, marraron un penaltie detido por Manu.


Alineacion: Manu, Emilio, Daniel, Tito, Kike, Aris, Jorge, Xoan, Marcos, Jorgito, Esteban

Cambios: Alberto, Aaron, Piraña, Yago, Eloy

6 nov 2009

Senior. 5 ª xornada

Enrevesado partido o disputado polos rapaces de David que tiveron que desplazarse ata o campo do Silleda ante o mal estado do terreo en Bandeira.
Sorprendeu o Bandeira co seu fútbol de toque na primeira metade na que conseguiron adiantarse no marcador tras un rechace de Manu. Piraña, rematando un balón solto na área, poñia o empate nun momento no que as ocasións se repartían cara ambos bandos.
Na segunda metade, de novo o Bandeira fíxose co balón para acabar vencendo mediante 2 remates de cabeza do seu central.

Alineacion: Manu, Emilio, Kike, Tito, Borra, Aris, Jorge, Marcos, Jorge, Eloy, Piraña
Cambios: Aaron, Esteban, Alberto, Daniel, Yago