16 feb 2011

Senior

Derrota do equipo senior no partido do domingo no que nos visitaba ó 3º clasificado, o Cruces.
Empezou o partido cos rapaces de David dominando pero levando o Cruces o perigo a base de rápidas contras que non conseguían rematar acabando a primeira metade co resultado inicial.

Nos segundos 45 minutos conseguimonos poñer por diante por medio dun gol de Arís. O Cruces enton colleu o control do partido e acadou o empate o rematar un rechace de Manu. Seguiron dominando e creando ocasións de gol que a nosa defensa desbarataba ou erraban no remate, tendo nós algunha contra con peligro.

Cando xa parecia que o empate ía ser o resultado final, no tempo de desconto chegou a xogada da polémica...Un tiro á porta que Manu logrou bloquear cunha gran parada, o arbitro concedeu gol, argumentando que consideraba que traspasara a liña...

E asi chegamos o final co resultado de 1 - 2.