Un punto foi o botín que conseguiu o equipo de Patxi na visita ó campo de Figueroa.
Comezaron os nosos dominando, facéndose co balón pero sen conseguir materializar as ocasións ata que Rubén atinou coa portería contraria dando vantaxe de 0-1.
Trataba o Sporting de acadar o empate pero non creaba moito perigo na nosa portería ata que nunha xogada desgraciada na que Fabio estaba renqueante e non conseguía chegar ó balón para despexar, o Sporting anotaba o definitivo 1-1.
Non houbo tempo para máis e ó final reparto de puntos.