15 feb 2011

Infantil

Malia contundencia do resultado final que nos daba os tres puntos, non foi nin moito menos o mellor partido xogado polos nosos rapaces infantiles este sábado pasado en Bertamiráns. Foi un partido no que en ningún momento se conseguiu desplegar o xogo que habitualmente se practica. Aínda así, tendo en conta esta circunstancia, o partido estuvo dominado en todo momento polo Callobre. O resultado xa se pon favorable ó pouco de empezar co primeiro gol anotado por José coa inestimable colaboración dun contrario. Seguen chegando ocasións nas que por dúas veces máis José consigue sendos goles, rematando a primeira parte con 0 a 3 para os nosos.

A segunda parte depois dunha chamada de atención de Guille no vestiario, saen ó campo con máis tensión no xogo. Siguen chegando os goles pero neste caso para os dous bandos, rematando o partido co resultado xa coñecido final de 3 a 6 para o Callobre, sendo os outros tres goles nosos materializados tamén por José.

Agora toca unha semana descafeinada de traballo para uns e de vacacións blancas para outros. Os que estades alá por Asturias que disfrutedes desta semana de neve. De seguro que voltaredes con ansias renovadas para o domingo contra o Ames intentar recuperar aqueles 3 puntos que merecidamente se levaron de San Martiño alá pola xornada 4 e que moito estamos a botar de menos.