16 feb 2011

Alevín

Derrota do equipo alevín que sigue amosando moita irregularidade nos seus encontros.
Despois de caer a semana pasada diante dun rival da zona baixa como o S. Mamede por 2-5 (goles de Champi e Stagnita), esta semana o rival era o líder, a EF Lalín B que conta os seus partidos por victorias a pesar de ser un equipo de rapaces de primeiro ano.

Pois esta vez voltamos a ver a cara boa dos nosos que acabaron sucumbindo por 3-1 (Mera) pero que fixeron fronte ó lider apoiándose en Rubén na portería que cada semana que pasa amosa maiores condicións. Un espectáculo.

O vindeiro partido será o sábado ás 16.30 en San Martiño diante da EF Lalín D.