Caeron derrotados na casa os equipos B e C dos nosos benxamíns.
O equipo B recibía á EF Lalín A e pese a aguantar durante toda a primeira metade, os lalinenses foron moi superiores nos segundos 25 minutos e levaron os 3 puntos. Vitor foi o autor dos 2 goles por parte dos rapaces de Iago.
O equipo C caía tamén diante do Silleda B. Mal día dos nosos rapaces que empezan os partidos moi fortes e con gañas pero que acostuman a baixar os brazos cando o contrario lles fai algún tanto.Anxo foi a autor do tanto local.
E o equipo A daba un importante paso ó vencer por 1-3 o Sp.Estrada. Saíron moi nerviosos os 2 conxuntos ó campo pero pouco a pouco os nosos foron facéndose co balón e amosando as claves deste equipo, posesión e entrada por banda. Así chegou o primeiro gol cando M. Anxo, de volea, remataba unha notable xogada de todo o equipo. Apenas si pasamos apuros pero nun tiro moi lonxano que lle pasaba a Jonathan por debaixo o Sporting acadaba o empate.
Nos primeiros 10 minutos da reanudación os nosos deixaban o partido encarrilado cun tanto de Alberto e outro de M.Anxo tras outra boa xogada. Puideron Miluco, Alberto ou M. Anxo sentenciar sen embargo o resultado non se movería. Quixo o Sporting pero non puido e as suas 2 únicas ocasións foron desbaratadas por Jonathan, unha delas, xa no último mínuto, de moito mérito.
Quedan 18 puntos en xogo e temos 4 de vantaxe sobre o segundo e 8 sobre o terceiro. Pero hai que seguir mellorando...e moito.
Este venres ás 19.45 partido entre os equipos A e B así que o entreno sustitúese polo encontro. Ás 19.00 no campo coa roupa de xogar e coa muda que vai chover e hai que ducharse.
O equipo C xoga o sábado ás 12.15 en Lalín. Ánimo.