Por fin chegou a victoria do equipo cadete que levaba varias semanas sen conseguir sumar.
4 goles de Fon, 3 de Claudio e outros tantos de Brais fixeron do encontro un paseo para os nosos que só cometeron un erro durante o encontro...pero que nos acabou costando o gol en contra.
Feliz volta de Patxi ó banco despois dunha lenta recuperación. Mandámoslle dende aquí un saúdo e unha aperta e esperamos que a súa volta sirva para que os rapaces volten coller forzas de cara a mirar de novo os postos altos da clasificación.