Conseguiu onte recuperar o liderato o equipo A dos benxamíns tras vencer claramente ó Sp. Estrada B por 0-6 no partido aprazado da semana pasada.
Non sufriron moito os nosos rapaces nun partido no que Jonathan só tivo que facer unha parada...eso si, de moito mérito nun tiro de falta dos locais. Alberto, cun hattrick, Gus, Nico e Adrián fixeron os tantos do partido no que os nosos amosaron unha mellor cara na segunda metade, moita posesión e entradas por ambas bandas. Agora toca afrontar un mes moi duro que dirá se hai opcións ou non...
O equipo B conseguía un empate na casa co segundo equipo do Silleda. Partido moi igualado que ben puido caer do noso lado pero tamén do lado silledense. Vitor foi o autor dos tantos dos rapaces de Iago e Sergi o encargado de salvar un punto cerca do final cunha espectacular parada.
Dous equipos que para o ano estarán arriba na clasificación.
Por último, o equipo C conseguía vencer no M.A. Cortizo por un claro 0-5. Moi superiores os rapaces de Xoel e Edu ó equipo C da Escola lalinense. Anxo e Mauro en 2 ocasións, e Lucas foron os encargados de materializar algunha das ocasións dos nosos que este sábado terán unha oportunidade de botar unha man ó equipo A na visita do Sp. Estrada.
Próxima xornada:
Callobre A - Silleda A. Sábado ás 12.00 en San Martiño
Callobre C - Sp. Estrada A. Sábado ás 12.00 en San Martiño
Touro - Callobre B. Sábado ás 18.00 en Touro.