Se nos guiamos polo resultado final podemos ver que foi un partido con pouca historia o que disputaron os nosos rapaces infantiles este sábado pasado en San Martiño.
Xa dende o pitido inicial os nosos dominaron o partido plácidamente amosando a neta superioridade diante do antepenúltimo clasificado que non foi quen de crear unha ocasión de gol. Abreu o marcador Damián por medio de un penalti ben lanzado para posteriormente conseguir outros tres máis por medio de Nico, Rafa e Calvelo, finalizando a primeira parte con 4 a 0 para nós.
A segunda parte segue tendo a mesma tónica de dominio que nos premia con outros catro goles máis por medio de Rafa e José en 3 ocasións para cerrar o partido co contundente 8 a 0.
Agora toca traballar arreo esta semana para o vindeiro sábado rendir visita ó Dubra, equipo fuerte que nos precede na clasificación e que si saimos ó campo coa tensión que reclaman este tipo de partidos, de seguro que traemos algo positivo para Calllobre.