24 dic 2010

Infantil

Infantil- Callobre - Pontecesures (7 – 2)

A novena xornada deixounos outra victoria para os nosos rapaces infantiles diante do Pontecesures con un resultado contundente que deixa de manifesto que os nosos foron superiores.
Xa dende os primeiros compases se veu que o Callobre era o dominador absoluto do encontró, xogando e combinando moi ben todos e cada un dos rapaces que saltaron de inicio. Gracias a ese dominio chegou o primeiro gol por medio de Calvelo que de un gran tiro cruzado batía ó porteiro do Pontecesures. Segue a mesma intensidade e dominio dos nosos que nos supón outros 4 goles máis de José, finalizando a primeira parte co resultado coñecido de 5 a 0.
Na segunda parte salen os nosos rapaces xa máis relaxados sabedores que os deberes xa se atopaban prácticamente feitos. Malia a esa tranquilidade que daba o marcador, nos primeiros compases deste segundo tempo anotan dous goles máis, un de José e outro de Santi que, en xogada persoal e despois de regatear a varios contrarios conseguía o seu merecido premio. O Pontecesures en dúas xogadas aisladas conseguiu os seus dous goles para cerrar o partido co definitivo 7 a 2.

Boas formas e moita motivación dos nosos rapaces as amosadas nestes dous últimos partidos, circunstancias éstas que si somos capaces de trasladar ó partido da vindeira xornada no desplazamento que temos a Calo, de seguro que redundará en algo positivo ante este equipo que precedemos na clasificación xeral.