24 dic 2010

Infantil

Infantil- Calo - Callobre (1 – 3)

De nada lle serviu ó Calo facernos ir a xogar na fría mañá do sábado ás nove e media, cando despois se comproba que alí non se van a xogar máis partidos en toda a mañá.
Os nosos rapaces tomaron o partido como se de unha final se tratase saindo ó campo moi mentalizados por ter enfrente un equipo que perante varias xornadas comandou a clasificación. O partido comenza con dominio dos locais que nos primeiros minutos fixeron un xogo moi vistoso e combinativo que os nosos non lograban contrarrestar, pero pouco a pouco o Callobre empeza a tomarlle o pulso e pasan a ser os claros dominadores do mesmo conseguindo José dous goles que nos dan vantaxe para ir ó vestiario con certa tranquilidade.
A segunda metade comenza coa mesma tónica, pero según van avanzando os minutos é o Calo quen se vai decidido adiante metendo ós nosos atrás, para á saida de un corner nunha das poucas ocasións que tiveron, marcan o seu gol. Esta situación trouxo certa incertidumbre ó partido pois eles siguen apretando máis mentras que os nosos son que de defenderse das súas acometidas. Xa cando o partido prácticamente expiraba, gracias a unha das poucas ocasións das que dispuxemos nesta segunda parte, José é quen de sentenciar o partido co terceiro gol facendo así xustiza ó que alí vimos.

Agora toca deixar de lado a competición, pero seguindo cos adestramentos coa mesma intensidade pois, á volta da competición temos outra saida complicada a Bastavales, en donde temos que intentar asaltar o segundo posto da clasificación, posición que ostentan eles na actualidade.

Dende aquí non queda máis que desexar un bo nadal e un 2011 de moita saude e felicidade para todos.