23 dic 2010

Alevín

Victoria do equipo alevín que sigue dando pasiños cara os postos altos da clasificación.

Esta vez o rival era o At. Melide que non foi quen de parar as acometidas dos nosos rapaces e acabou sucumbindo por un claro 5-2.
David, en 2 ocasión, Stagnita, Nacho e Cris foron os autores dos tantos dun partido sen moita historia no que os nenos de Neira amosaron unha boa imaxe e seguen sumando de 3 en 3.