Nova derrota do equipo cadete que ó igual que nas últimas xornadas voltou caer pola mínima.
Non fixeron os nosos mal partido, máis ben o contrario, pero a falta de acerto ante a portería contraria pesou durante todo o encontro. Precismente ahí estivo a chave do partido, mentras os nosos non conseguían facer o primeiro o noso rival conseguía poñerse por diante para acabar defendendo o resultado e levar os 3 puntos.
Non atravesamos unha boa xeira de resultados pero a impresión é boa...só falta atinar coa portería e sentenciar os partidos.