20 dic 2010

Agradecemento á EF Lalín.

Aproveitando o comentario anterior dos encontros dos benxamíns queremos adicar dende aquí unhas palabras de agradecemento á EF Lalín, sen dúbida unha das referentes a nivel galego nos últimos anos, polo trato dado ós nosos, como sempre fixeron, pero máis en concreto polo acontecido no pasado fin de semana.

En primeiro lugar a adestradores, directivos, pais e xogadores dos equipos da súa Escola que se uniron á nosa "causa" para pedir o que cremos que xa deberíamos de ter, pois tal e como eles publican na súa páxina web trátase dunha "reivindicación máis que xusta": un campo acorde co número de rapaces que temos, unhas instalacións dignas para un clube que move moitos máis rapaces que 4 o 5 equipos xuntos doutras zonas que si contan con el...e do cal nós nos alegramos pero que non nos permite competir en igualdade de condicións. Seguimos coa recollida de firmas.Non pedimos un estadio que sexa a envidia de todos, pedimos igualdade de oportunidades. Seguiremos esforzándonos para que os nosos rapaces sigan contento aínda sen campo de herba sintética.
O número de nenos e nenas que adestran e compiten con nós vai en aumento cada ano, sinal de que algo se está facendo ben. Agora só lles queda os que "mandan" seguir fomentando o deporte...que de iso se trata.

E en segundo lugar polas palabras adicadas ó esforzo de tódolos que aquí estamos metidos, directiva, corpo técnico e xogadores, que son os que melloran cada día e os que sufren por non ter un campo como o de Figueroa, o de Lalín, o de Touro, o de Silleda, o de Cruces, o de Agolada, o de Melide, o de Santiso, o de Boqueixón, o de Valga... e así poderiamos seguir ata recorrer o 90 por cen dos pequenos pobos galegos, algún incluso con 2 campos pegados.

Grazas polo apoio.