20 dic 2010

Benxamín

Fácil victoria dos benxamíns B diante do último clasificado, o EF Lalín C.
Os rapaces de Iago non pasaron apuros para golear ós pequenos rapaces de Lalín pese a non facer un gran encontro cun partido moi trabado. Pero non podemos ter queixa dos nosos rapaces de primeiro ano que cada semana que pasa continúan amosando que a continuidade está garantizada.
Pablo e Vitor, por partida dobre, David, María, Diego e Adrián foron os autores dos tantos.

O equipo C pola súa banda resistiu durante o primeiro tempo na visita do Silleda A. Comezaron os rapaces de Xoel e Edu adiantándose no marcador e con ocasión máis que suficientes para levar vantaxe no descanso pero non se concretaron e o equipo silledense conseguiu empatar antes do descanso. Na segunda metade o cansancion pasou factura e os visitantes fixéronse cos 3 puntos. Pero continúa mellorando o equipo...e moito.

E por último o equipo A sufriu a primeira derrota da tempada. Mala hora a escollida polos nosos pequenos para saír durmidos ó campo...
Saíu o primeiro equipo de Lalín a morder, cunha intensidade impropia destos nenos e demostrando que a base de gañas e loita pódese poñer en apuros a calquera. Así fixéronse co partido durante toda a primeira parte na que só M. Anxo daba a cara mentras Jonathan desvarataba as ocasións locais. Pero no último minuto da primeira metade unha contra moi ben levada polo seu dianteiro centro, pequeno pero espectacular, permitía os lalinenses coller vantaxe. E no minuto 1 da segunda parte novo mazazo, saque longo do porteiro local e balón que acaba na rede tras un rexeite.
A partir de ahí os nosos si se fixeron co balón, amosando algunha cousiña das que nós sabemos que teñen, pero sen concretar as ocasións. Ó final do encontro 2-0. Os nosos seguen líderes pero toca apretar os dentes e saber que non sempre toca gañar....das derrotas tamén se aprende.

Chega o parón ligueiro de Navidades pero os nosos rapaces continuarán adestrando. O vindeiro adestramento este xoves ás 17.30 en San Martiño. E o domingo a Vigo...pero haberá que seguir gañándose o posto.