Un punto en 2 encontros é o balance do equipo cadete nas 2 derradeiras xornadas.
Primeiro diante do lider, o Campus Stellae, os nosos rapaces estiveron a punto de da-la campanada a pesar das baixas. Despois de ir vencendo 0-2 acabaron por sucumbir 3-2 nun encontro no que o árbitro influiu bastante no resultado final.
E o pasado fin de semana empate a 0-0 na casa, diante do San Mamede, nun partido trabado no que os nosos contaron coas mellores ocasións pero no que non houbo sorte e só se conseguiu sumar un punto diante doutro dos rivais de arriba.
Sen embargo, o equipo está a dar boa imaxe a pesar das múltiples baixas e a ben seguro que cando recuperemos xogadores iremos cara arriba.