3 dic 2010

Benxamín

Duas victorias e unha derrota no fin de semana benxamín.
O equipo A vencía 4-1 ó Touro pese a non amosar unha boa imaxe, facendo un encontro bastante frouxo. Pese a todo 3 puntos importantes que nos permiten seguir líderes en solitario.

O equipo B vencía 1-2 o Sporting B con goles de Pablo e Diego. Foron os rapaces de Iago moi superiores e só o bo facer do porteiro do Sporting impediu un resultado máis favorable. Gran partido e a seguir sumando.

O equipo C pola súa banda caía diante do EF Lalín nun encontro no que os nosos rapaces amosaron boas maneiras chegando a adiantarse no marcador pero que o equipo do Deza acabouse remontando. Bo partido e doblete para Anxo.

Os equipos benxamíns xogarán a vindeira xornada o mércores día 8 ás 16.00 horas, con derbi incluido.