O Milladoiro foi o equipo que nos visitou en San Martiño este sábado pasado traéndonos a segunda derrota da temporada. Equipo este ben estructurado con xogadores grandes no medio do campo que conectaban o xogo co dianteiro, rapáz moi rápido a quén a nosa defensa a duras penas conseguía parar.
O partido como siempre comenza con ocasións para nós, neste caso no primeiro minuto de xogo enviando José un balón ó poste cando xa todos dábamos o gol por feito. Pouco a pouco eles foron tomando o xogo e os nosos respondendo ós seus envites, conseguindo eles o seu primeiro gol por medio do dianteiro antes mencionado tras deixar atrás a toda a nosa defensa e plantarse soio ante Adrián que nada pudo facer.
A segunda parte segue a mesma tónica de xogo aínda que os nosos poñen máis empuxe, pero a diferencia de xornadas anteriores, non se crean ocasións, salvo un gran disparo de Rafa que o porteiro contrario desvaratou con unha meritoria intervención. Minutos despois consiguen eles o seu segundo gol que prácticamente deixou sentenciado o partido.
Tras o visto neste partido non queda máis que seguir traballando arreo e poñendo aínda máis entrega pola vosa parte para que en partidos sucesivos con equipos da zona alta da tabla non se deixen escapar máis puntos que poden ser vitais.