18 sept 2010

Presentación e Memorial Manuel Dono

Hoxe, a partir das 5 da tarde, terá lugar a presentación de tódolas categorías do noso equipo.
Dende benxamíns ata senior, os xogadores irán desfilando por San Martiño xusto antes do inicio de Memorial Manuel Dono que como cada ano se disputa no noso campo e que nesta ocasión terá forma de triangular a disputar entre os equipos estradenses do Tabeirós, Berres e Callobre.

MEMORIAL MANUEL DONO
18.00: BERRES - TABEIRÓS
19.00: CALLOBRE - Perdedor do 1º encontro.
20.00: CALLOBRE - Vencedor do 1º encontro
.

Trátase do inicio formal da nova tempada que abrirán xa o domingo os nosos alevíns que debutarán como locais diante do Touro.
¡Moita sorte e a pasalo ben que é do que se trata!