E por fin a nova que esperabades con tanta ansia veu a luz...o noso clube firmará nas vindeiras datas un convenio de colaboración co Real Clube Celta de Vigo.
Tal e como afirma hoxe o periódico local Capicúa, trátase do primeiro acordo de este tipo que un equipo estradense leva a cabo e que estamos seguros de que axudará a desenvolver as categorías base do noso clube.
A explicación a este convenio ten a súa orixe no campus de verán, organizado por lo colexio de Lourdes, que o clube vigués levou a cabo nas instalacións deportivas de dito colexio.
A gran maioría dos rapaces alí apuntados competiron durante a pasada tempada coas diferentes categorías do noso clube e as cualidades dalgún de eles (é dicir, de algún de vós)deixaron abraiados os adestradores e, principalmente, o encargado do fútbol base do Celta. Non estaría ben pola nosa banda decir nomes así que é seguro que algún dos que foi, destacou...e moito.Pero pensade que non todos puideron acudir e que polo tanto, algunha das nosas "perlas", están todavia por descubrir...así como todo aquel que decida unirse a nós.
Pouco a pouco iremos informando das vantaxes que isto traerá para o noso clube e que no se refirirán soamente ós rapaces, senón tamén a afecionados, pais e adestradores.
Sen dúbida, esto debe supor todo un aliciente para os nosos nenos que, a partir de agora, estarán "vixiados" en vista a un posible futuro futbolístico...
¡Seguiremos informando!