15 sept 2010

Partidos Pretempada.

Disputáronse no pasado fin de semana varios partidos nos que participaban algúns dos equipos do noso clube.
O equipo de maiores caía derrotado por 0-2 diante do Cacheiras B no penúltimo partido de pretempada antes do inicio do campionato ligueiro e da disputa, o vindeiro sábado, do memorial que tódolos anos se disputa no noso campo.
O equipo xuvenil pola súa banda empataba a 0-0 diante do Cuntis nun partido no que tódolos rapaces dispuxeron de moitos minutos. Pouco a pouco o conxunto de Dani recupera efectivos e vai formando un grupo moi competitivo.
Os cadetes caían derrotados por 0-1 diante tamén dos veciños cuntienses.
Por último os rapaces alevíns empataban 2-2 diante do San Mamede no partido disputado o pasado venres. Hoxe pola tarde novo amigable.