23 sept 2010

Alevín

Debut con victoria dos nosos alevíns que venceron por 3-1 ó Touro na primeira xornada de liga.
Empezaron os nosos errando múltiples ocasións, facendo bo fútbol pero sen conseguir materializar as oportunidades o que aproveitou o Touro para nunha das súas escasas chegadas poñerse por diante, chegando así ó descanso (0-1).
Pero na reanudación os rapaces de Neira axustaron o punto de mira e conseguiron remontar para acabar gañando por 3-1, con goles de Champi, David e un deles en propia meta.
Bo comezo dos nosos alevíns que continúan medrando en número.