26 dic 2009

Xuvenil

Importantísima victoria a conseguida polo equipo xuvenil o pasado sábado diante do 2ª clasificado, o Ortoño.

Partido moi igualado, con ocasións para ambos equipos pero no que debemos destacar sobre todo as 3 intervencións de Marcos, unha de elas recordando a Casillas no Sánchez Pizjuán...

Cada equipo tentaba usa-las súas armas, o Ortoño buscaba ó seu dianteiro centro, moi bo xogador, e os nosos esperaban a súa oportunidade á contra. Finalmente a sorte caía do noso lado e o Suizo, case co encontro rematado, daba unha alegría a tódolos alí desplazados.

Continúan os nosos terceiros e agora reciben a visita do Viduido, outro dos rivais de arriba, ó cal hai que vencer e así recuperar o gol average.

Ánimo!