Caeu derrotado o benxamín B diante do Silleda que aproveitou a superioridade física para levar os puntos.
Non puideron os nosos rapaces facer fronte a maior envergadura do equipo silledense que pouco a pouco ía collendo vantaxe no marcador. Ademáis o pouco atinado do encontro pola nosa parte favoreceu moito as cousas para o equipo vistante.
Miluco e Adri facían os tantos locais nun encontro que remataba co resultado de 2-5.
Callobre c.f.:Alex, Iván, Alejandro, Paulo, Pedro, José, M. Anxo, Miluco, Sergio e Adri.