28 dic 2009

Cadetes.

Nova victoria do equipo cadete diante do San Pedro.
Non comezaron ben as cousas para os nosos que vían, despois de errar varias ocasións claras, como o equipo local se adiantaba cun tanto no que Manu non podía facer nada.
Tosar, antes de rematar a primeira metade, facía o empate e poñía as cousas máis acordes co que se estaba vendo no campo.
A segunde metade transcorría polo mesmo camiño, moito balón para os nosos e pouca definición nas moitas ocasións que se desperdiciaban ata que Xurxo, nunha boa xogada persoal, e Javi plasmaban a superioridade dos rapaces de Patxi e Guille.

Alineacón: Manu, Eloy, Ruben, Fabio, Alberto, Brais, Jaco, Tosar, Xurxo, Javi, Alex
Tamén xogaron: Yago, Xian, Miguel, Diego.