Segunda victoria consecutiva do Callobre de Xuvenís diante do Milladoiro. Dous partidos
totalmente distintos en cada parte. Da primeira parte só se pode salientar o bo gol
de Martin que poñería o empate no marcador, despois de que o Milladoiro se adiantase por medio de un penaltie ós 20 minutos.
Co 1-1 no descanso, os nosos resurxiron e comezaron "achuchando" aos locais, sen deixarlle sair do seu campo chegando así, tras unha boa xogada e mellor disparo, de novo, de Martín,o 1-2. Segunda parte traballada, coa que se puido traer mellor resultado para San Martiño, pero qeu non puido ser. Agora, de novo a domicilio, contra o Bertamiráns.
Callobre c.f.: Marcos, Suizo, Diego, Bieito, Esteban, Gabo, Ruby, Sergio, Yvan e Martin
Tamén xogaron: Chope, Dani, Andorrano, Fita e Japirro