14 oct 2009

Alevín. 2ª xornada.

Seis de seis en 2 partidos. O equipo "A" dos nosos alevíns están amosando nestes partidos parte do seu potencial. O rival, neste domingo, era o Cruces co que xa nos enfrentaramos en pretempada e co que acabaramos perdendo. Pero desta vez non houbo opción e os nosos impúxeronse por un contundente 0-11.
Xa o 0-5 do descanso deixaba claro o bo xogo dos rapaces de Chucu comandados por Damián e Martín e apoiado nas paradas de Rubén que impediu varias veces que o Cruces se puidera meter no partido.

Callobre c.f.: Rubén, Calvelo, Lexis, Santi, Japi, Damián, Martín, Pedro e Nico.
Goles:Japirro (3), Santi (2), Martín (2), Lexis (2), Calvelo e Damián.


O equipo "B" pola súa parte caía derrotado por 0-1 diante do EF Lalín "B" nun partido moi igualado e que só se resolveu na segunda metade despois de un barullo na nosa área que os nosos non foron quen de despexar.
Queremos destacar o vistoso do partido, con opcións para os 2 equipos e cun comportamento exemplar de ambos. Encontros dos que da gusto ver nestas idades.
Ademáis parece que a cousa vai de porteiros porque ó igual que no equipo "A", tamén este Rubén fixo paradas de moito mérito.

Callobre c.f.:Rubén, Mera, Stagnita, Champi, Cris, Miguel, Nacho e Martín.