16 oct 2009

Benxamín

Comeza a liga na categoría benxamín, os máis cativos no campo de fútbol-7, e con novidades de última hora no que o Callobre c.f. se refire.

E é que tras case un mes de adestramentos e cando contabamos con competir cun único equipo, con 16 fichas, a aparición de novos rapaces nas escolas de fútbol dos diferentes colexios levounos a solicitar á Federación a inclusión dun novo , algo que foi aceptado o pasado mércores aproveitando a baixa do 3º equipo do Sporting.

Será o noso un equipo moi xoven, no que só 3 dos rapaces son de último ano e que terá por obxetivo aprender e divertirse, que é o do que se trata.
Luis e Pacheco serán os encargados de dirixir ós 2 equipos, que seguirán adestrando como si fosen un solo.

O Silleda será o primeiro rival do equipo "A" mentres que o "B" descansará ata a próxima semana.