30 oct 2009

Senior. 4ª xornada.

Chegou o primeiro derbi estradense a San Martiño con derrota para o equipo de David diante do Berres por 0-1 e con moitas caras coñecidas no equipo visitante no que ata 7 dos 11 titulares vestiron a camisola do Callobre c.f. en outros tempos.
Partido moi trabado e disputado pero sen moito xogo combinativo polos 2 bandos e que chegou ó descanso co 0-0 inicial. Na segunda metade, un balón a espalda da defensa permitía ó Berres poñerse por diante. Esteban cun balón ó pao puido facer o empate pero non puido ser e, pese ós intentos dos nosos por medio de faltas laterais nos últimos minutos, o Berres, que puido facer o 2º nunha contra que de novo Esteban salvaba baixo paos, levou os 3 puntos.

Callobre c.f.: Manu, Kike, Tito, Dani, Emilio, Arís, Marcos, Xoan, Jorge, Esteban e Piraña.
Tamén xogaron: Vila, Borra, Eloy e Iván.