Queremos dende aquí dar as grazas pola gran afluencia de visitas á páxina do Callobre c.f e aproveitar para poñervos o corrente das novidades da mesma.
En primeiro lugar, creamos un apartado para que poidades ver as últimas actulizacións sen necesidade de desplazarvos cara abaixo. Só tendes que clickear no enlace e levaravos a el directamente.
Non queremos deixar de mencionar a ningunha das diferentes categoría dos nosos equipos polo que a esquerda da pantalla tendes un enlace coas actualizacións que se refiren a cada un de eles por separado.
Ademáis na mesma parte da pantalla encontraredes a conta dos nosos goleadores, as clasificacións e os calendarios de cada unha das categorías.
Só nos falta empezar a poñer fotos de todos vós...pero todo chegará.