Tivo o encontro unha primeira metade moi igualada na que o Silleda creaba perigo en faltas e corners e no que os nosos tiñan máis o balón pero sen crear tampouco moitas ocasións salvo tiros lonxanos.
O dominio dos nosos foi maior na segunda metade na que o equipo local apenas se achegaba, sen embargo, unhas mans ó borde da área permitían ó Silleda coller vantaxe ó acertar, esta vez si, o seu lanzador de faltas. Intentaron os nosos conseguir a igualada pero non houbo sorte: Adrián, David, M. Anxo e Manu, cun tiro ó longueiro, puideron cambia-lo resultado do partido que rematou con ese único gol en contra.
Callobre c.f.: Jonathan, Xandre, Manu, David, Adrián, Ángel, Nogui, Anxo e Iván.
O equipo "B" descansaba nesta xornada e será o sábado cando lle toque debutar diante do At. Melide.
(Foto do equipo no torneo de Portonovo).