Nova victoria do equipo de Chucu que venceu ó Touro por 12-4 no partido do domingo en San Martiño.
De novo os nosos alevíns foron moi superiores ós rivais e non deron opción ó equipo coruñés.
Santi, con 5 goles, foi o gran protagonista dun encontro no que os nosos amosaron as súas armas, toque e gol que continúan con pleno de victorias encaramados no liderato co EF Lalín e co At. Melide.
Callobre c.f.: Rubén, Damián, Pedro, Japi, Santi, Martín, Lexis, Calvelo e Nico.
Goles:Santi (5), Japi(2), Pedro (2), Damián, Lexis e Martín.
Peor foron as cousas para os rapaces do equipo "B" que sufriron moito na súa visita a Melide.
Entre os balóns de fútbol 11 que se utilizaron para xogar, o mal día dos nosos e o feito de que no Melide só primase o meter goles fixo do partido un monólogo local que non debe desanimar ós alevíns pois nestas idades a diferencia de corpo xoga un papel moi importante.
Callobre c.f.:Rubén, Mera, Stagnita, Champi, Cris, Miguel, Nacho e Martín.