28 sept 2009

Xuvenil

Segundo tropezo do equipo xuvenil en liga esta vez diante do S.D.Viduido que aproveitou as oportunidades que se lle ofreceron.
Empezaron os nosos con ganas o encontro no día do regreso de Gabo tomando a dianteira no marcador cun gol de Sergio despois dun remate de Andorrano, nunha xogada a balón parado.
Chegábase ao descanso co 0 – 1 pero a segunda metade sería ben distinta. Despois dun gol mal anulado e dalgunha ocasión estragada, chegaría o empate do Viduido tras un remate libre de marca nun corner. Pouco despois rompería o partido cun fallo no despexe de Marcos tras unha cesión de Suízo e así, co 2 – 1 para o equipo local, remataría o encontro.
Pero isto acaba de comezar e os xuvenís xa preparan o próximo partido fronte ao Furia coa intención de enmendar os erros cometidos ata agora.

Alineacion: Marcos, Portillo, Bieito, Jacobo, Suízo,Gabo, Esteban, Rubén, Iván Andorrano, Martín, Sergio
Suplentes: Yván, Chope, Japirro, Diego e Fita