26 sept 2009

As vantaxes de ser socio

Dende o Callobre c.f. queremos agradecer a tódolos nosos seguidores a súa colaboración co clube e dende aquí informarlles dalgunha das vantaxes que terá o feito de facerse socio do Callobre c.f.

A súa aportación contribúe a que o Callobre C.F. siga escribindo páxinas na historia do noso deporte como o leva facendo dende o ano 1941 en que foi fundado.

Actualmente conta con máis de 150 xogadores de distintas idades inscritos tanto en equipos federados, como na nosa Escola de Futbol.

Por ser titular do Carné de Socio do Callobre C.F. pode disfrutar das seguintes vantaxes

➔ Un precio especial de 10 euros no Centro de Rehabilitación MARVI.
➔ Un desconto do 15% en pólizas de seguro de automovil , retirada de carné e fogar da compañía AXA contratadas na Axencia GESVAL.
➔ Descontos que van desde un 20% a un 30% en seguros de responsabilidad civil para empresas, seguros médicos, comunidades e seguros de vida na compañía MAPFRE, contratados na axencia da Estrada.
➔ Un desconto mínimo do 10% en todo o material deportivo de PLUSMARCA.
➔ Descontos do 10% a xogadores, socios e familiares na tenda de roupa de nenos TOBOGÁN


Como pode comprobar, ser socio do Callobre,C.F.... segue a ser todo vantaxes.