30 sept 2009

Alevín 2009-2010

Arranca a competición para os nosos equipos de fútbol-7 alevín comandados este ano por Chucu e Neira.
O equipo "A" será, sen dúbida, un dos grandes animadores do campeonato e está chamado a dar moitas alegrías no ano da volta de Chucurú á disciplina do Callobre c.f. desta vez como adestrador.

En canto o equipo "B" toca irse acomplando á nova categoría pois trátase dos rapaces que tan ben remataron a tempada pasada na categoría benxamín. Salvo novidade de última hora, será Neira o encargado de dirixir ó equipo.

E despois de un mes adestrando por fin empeza a liga e neste fin de semana tocarán como rivais o EF Lalín "C" e o Silleda "B" respectivamente.

Moita sorte!